Cultura

Obradoiros infantís en Samil, Navia, Bouzas, Praza da Independencia e O Calvario do 5 ao 13 de agosto

Entre o 5 e o 13 de agosto, o Concello organiza distintas actividades para os máis pequenos, na praia de Samil e en varios barrios da cidade.

En Samil, entre o luns, día 5 e o mércores, 7 de agosto, desde as 17 horas e ata as 20:30 horas da tarde, nenas e nenos poderán participar en actividades creativas como origami, chapas, pintura, xogos e tamén gozar de espectáculos de maxia e circo.

Os obradoiros nos barrios desenvólvense entre o venres, día 9 e o martes, 13 de agosto entre as 18 e as 22 horas da noite cun programa de cinco obradoiros diarios e pases de animación na rúa con zancos e percusionistas.

O 9 de agosto serán en Bouzas, o 10 agosto en Navia, en Teixugueiras, o 12 agosto na Praza da Independencia e o 13 agosto na rúa peonil do Calvario.

También te puede interesar