Destacados Vigo al minuto

Morre en Vigo aos 61 anos de idade o actor Celso Parada

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, máster en Arte Dramático, fundador, xunto a Isabel Ávila de ‘Teatro do Morcego’, Premio Maria Casares, membro de honra da Academia Galega do Teatro, actor, Celso Parada, morreu este sábado en Vigo, aos 61 anos de idade.

Parada, que dende hai un ano estaba enfermo de cancro, era un dos intérpretas máis recoñecidos e apreciados da escea galega. En preto de catro décadas de carreira, ademáis de teatro e televisión-o público lembra a súa participación en series coma Pratos combinados ou Mareas vivas ou Fariña- tamén fixera cine, intervindo en A praia dos afogados, A lingua das bolboretas ou O lapis do carpinteiro.

También te puede interesar