Destacados Vigo al minuto

Vigo rexistrou o mes pasado unha ocupación hoteleira do 82%

A presidenta da Deputación ofreceu este venres os datos de ocupación media na provincia de Pontevedra durante o mes de xullo, que foi, de media, do 70,4%, “3 puntos máis que no mes de xullo de 2018”.

No caso da comarca de Vigo a ocupación foi do 76,5%, un 4% máis que hai un ano, e a cidade chegou ao 82%. Carmela Silva, quen cualificou este dato de “espectacular”, subliñou que Vigo e Baiona-cun 77% de prazas ocupadas- foron as vilas que rexistraron maiores resultados da contorna.

En canto aos nosos visitantes, “maioritariamente falamos dun perfil familiar, en torno ás catro persoas, cunha estancia media de oito días e procedencia sobre todo estatal”. O público estatal, informou Carmela Silva, “foi o 85,5%, principalmente de Madrid, Barcelona, Euskadi, Aragón ou Estremadura”. Pola contra, o turismo estranxeiro supuxo o 14,5% “sobre todo de Francia, a Alemaña, Portugal, Italia e a Arxentina”.

En canto aos castelos, durante o mes de xullo achegáronse a eles preto de 4.000 persoas no caso de Soutomaior (3933 persoas) e outras 1.824 ao de Sobroso. Silva tamén valorou os datos de mes de xullo nas principais illas, con “Cíes sen prazas durante todo o mes e xa esgotadas ata finais de agosto”, e “30.000 visitas a Ons con 6 días sen prazas”.

También te puede interesar