Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Sanidade afirma que o tempo de espera para operarse en Vigo nos casos máis graves é a metade que no resto de Galicia

Na actualidade hai preto de 11.000 persoas na lista de espera e o tempo medio para operarse é de 74 días

Logo de que o Pleno do Concello esixise ao Goberno de Galicia a posta en marcha dun ‘plan de choque’ para reducir a lista de agarda para operarse na Área Sanitaria de Vigo– na que están preto de 11.000 persoas-, Sanidade asegura que “a demora media para operarse en Vigo baixou en 20 días, dato de relevancia histórica, ou que no caso das prioridades 1, as máis graves, o tempo medio está en 17 días, case a metade do establecido como referencia  en todo o Servizo Galego de Saúde (30 días)”.

Segundo o Servizo Galego de Saúde, isto foi posible “grazas ao maior investimento público nunha infraestrutura sanitaria que se fixo en España”, investimento ao que nestes anos seguiuse engadindo equipamento punteiro como o quirófano híbrido ou o TC intraoperatorio, investimentos que “colocaron ao área sanitaria de Vigo na vangarda cirúrxica de España”.

Dende a dirección da Área Sanitaria subliñan que toda esta estrutura cirúrxica estivo durante este ano a pleno rendemento e “xunto co traballo de todos os profesionais, levaron a estes resultados, que constitúen un verdadeiro plan de choque, que seguirá confirmando o acertado das decisións adoptadas nos próximos meses e anos”.

También te puede interesar