A Asociación Veciñal de Teis e traballadores das empresas da zona, convocan unha concentración este xoves 1 de agosto ás 11 da mañá, na Baixada á Lagoa, no lugar do afundimento, para esixir ao Concello a reforma urxente da mesma.
“Esta Asociación xa denunciou publicamente o pasado 12 de xullo, o mal estado da Baixada á Lagoa. Hai un afundimento sinalizado desde hai un ano pero sen reparar”, sinalan os veciños quenes engaden que a Concellería de Fomento coñece perfectamente a situación.
“O mal estado desta Baixada provoca dificultades para circular vehículos, sendo o aceso existente para praias da Lagoa, A Manquiña e A Fabrica e un dos acesos para o paseo do borde do litoral”, subliñan.
Para a Asociación Veciñal de Teis “é escandaloso que a Baixada da Lagoa leve un ano nesta situación é que o goberno municipal só se limitara a sinalizar o afundimento e o muro, pero sen facer nada máis”.