'Qué te cuentas?' Galicia

@Xunta suprimirá 6 escolas unitarias e 67 unidades de Educación Primaria, Infantil e Especial para o vindeiro curso

O Goberno de Galicia suprimirá de cara ao curso que ven, 2019-2020, un total de 67 unidades educativas e 6 escolas unitarias nas que se matricularon menos de seis alumnos.

Na provincia de Pontevedra suprimiranse as escolas unitarias de Arcos de Furcos, en Cuntis –que tiña 3 alumnos matriculados-, e a de Zamáns, en Vigo, na que había 5.

A Consellería de Educación cualifica estos peches coma un “proceso habitual”, que se realiza cada ano e no que se revisa a matrícula e os postos de traballo docentes en Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Especial.

Pola contra, Educación asegura que proxecta construir novos centros nos vindeiros anos: o Sacro Corazón, en Lugo, en Pazos de Rei, en Tui, en Arteixo, Ames e o CEIP Novo Mesoiro, en A Coruña, nos que investirá preto de 23 millóns de euros.

También te puede interesar