Comarcas

Nigran dispón no río Muiños a primeira ‘biobarda’ de Europa contra a contaminación

Nigrán conta dende esta semana, no río Muíños ao seu paso por Porto do Molle, coa primeira ‘biobarda’ contra a contaminación de Europa, fabricada pola Asociación do Monte Galego de xeito experimental e co obxectivo de recolectar os residuos flotantes, entre os que destacan os plásticos.

Esta barreira, construída artesanalmente con grandes botellas de plásico reutilizadas, rede e cordas, xurdíu en Guatemala no 2017 co obxectivo de reducir a cantidade de desperdicios que chegaban a Honduras polas canles dos ríos, confirmándose unha retención do 95%.  Agora da o seu primeiro salto a Europa en Nigrán, onde precisamente ten a sede a Asociación do Monte Galego, xurdida na parroquia de Camos tralos incendios de 2017.

Apoio do Goberno local

A iniciativa presentada por esta entidade está apoiada polo Goberno local, xa que precisamente este verán instalou recolle-cabichas artesanais nas praias e impulsou a primeira campaña municipal de concienciación  #SanXoanSenLixo.

«As nosas políticas teñen ao medioambiente como prioridade, así que estamos moi orgullosos de que Nigrán sexa a porta de entrada a Europa das biobardas, unha trampa de escasísimo custe económico e cunha eficacia contrastada», sinala o alcalde, Juan González, quen precisamente é responsable da primeira concellería de Galicia  ‘Axenda 2030-Obxectivos do Desenvolvemento Sostible’, axenda da ONU que inclúe moitas medidas medioambientais que Nigrán quere reforzar dende a política local.

O obxectivo da Asociación do Monte Galego  é que tras instalar esta primeira biobarda artesanal de xeito experimental -para a que obtiveron os pertinentes permisos de Augas de Galicia- poidan presentar o seu funcionamento e resultados ao Goberno galego e á Confederación Hidrográfica para que se extenda o seu uso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.