Galicia

@depo_es proba actuacións por máis de 2 millóns en estradas de A Cañiza, Arbo, A Lama, A Guarda e O Grove

O Goberno da Deputación vén de aprobar melloras en estradas de cinco concellos da provincia, cun orzamento que suma máis de 2 millóns de euros.

Segundo indicou a presidenta do organismo provincial, as mesmas consolidarán o modelo de estradas que ten en marcha a Deputación de cara a “recuperar a seguridade viaria, a mobilidade peonil e os espazos públicos para a xente”.

Carmela Silva detallou que os proxectos aprobados beneficiarán a cinco concellos da provincia: A Cañiza-Arbo, A Lama, A Guarda e O Grove. Máis polo miúdo, a primeira das obras previstas comprende a reposición do firme e mellora da seguridade viaria na EP 5003 entre A Cañiza e Arbo, que sairá a licitación cun presuposto de 886.829,11€. Amais da reposición do firme na maior parte da estrada, tamén se revisará a sinalización vertical de velocidade, elevaranse varios pasos de peóns, reordenarase a explanada das inmediacións do centro de ensinanza de Valeixe e redistribuiranse os espazos da plataforma para favorecer o tránsito peonil.

A Xunta de Goberno aprobou tamén o proxecto de ensanche e mellora da seguridade viaria na EP 0307 de Peso a Caroi, no concello de A Lama, cun presuposto base de licitación de 940.182,85€. Esta obra consistirá na ampliación da superficie viaria, co fin de dotala dunha cuneta de seguridade na marxe dereita, beirarrúas por ambas marxes, carrís de case 3 metros e unha berma na marxe esquerda.

No caso de A Guarda, a Deputación aprobou o proxecto modificado da execución de recuperación de espazos e mellora peonil na rúa Concepción Arenal EP 3401 acceso ao Porto, que pasa a ter un orzamento base de licitación de 1.288.021,90€, cun incremento de 116.137,77 sobre o orixinal, para diversas melloras destas obras.

Finalmente, adxudicouse, cun orzamento de 210.586€, a execución da mellora da intersección mediante unha rotonda na EP 9101, no punto quilométrico 5+150 en O Grove-San Vicente Igrexa, no que dita estrada se cruza con dúas vías municipais.

No lugar implantarase unha rotonda con sendas peonís a súa volta, comunicadas mediante pasos de peóns elevados. Amais, tamén se contemplan obras de canalización, saneamento e abastecemento, así como a instalación de novos puntos de luz en LED. A actuación completarase co repintado de marcas viarios e a colocación da correspondente sinalización vertical.

También te puede interesar