Vigo al minuto

@MareaVigo alerta da suba dos recibos da ‘contribución’, o lixo, rodaxe ou as Escolas Infantis

Cualifica de “insulto” as propostas de prezos e taxas públicas para o vindeiro ano aprobadas este venres polo Goberno Local.

No que se refire ao Imposto de Bens Inmobles (IBI)- coñecido popularmente coma ‘contribución’- segundo denuncia Marea, Vigo segue a incrementar o tipo de referencia, colocándoo agora para o inmobles de natureza urbana nun 9,10 moi preto do 1,1 de tope que marca o ministerio de Facenda.

“A elevación contínua deste gravame, que pasou nos sucesivos gobernos de Abel Caballero do 0,6 ao actual índice, supón incrementos moi importantes aos que teñen que facer fronte as familias viguesas en contextos económicos cada vez máis desfavorables para as súas economías”.

Suba dun 50% a inmobles desocupados

Marea de Vigo considera “moi importante” que pese a negativa reiterada a aplicar recargos no IBI a vivendas desocupadas expresadas nas sucesivas emendas presentadas polo seu grupo ás ordenanzas fiscais dos exercicios 2016, 2017, 2018 e 2019, por fin se inclúa o concepto de recargo sobre a cota líquida do imposto dun 50% para os inmobles desocupados coa novidade de que a ordenanza municipal para 2020 incluirá a catalogación de inmoble desocupado de carácter permanente a aquel que “durante os últimos 8 meses a media de consumo de auga fose inferior  2,5m3/mes”.

Subas do 2,5% no rodaxe, lixo ou Escolas Infantís

Para Marea, no resto de ordenanzas e taxas -rodaxe, lixo, Actividades económicas, escolas infantís ou retirada de vehículos- “as subas de 2,5% na maioría está moi por enriba das previsións do IPC real para 2020 -estimado en 1,1% no IPC total e 1,7% no caso do IPC dos servizos públicos-.

Do mesmo xeito, argumentan dende Marea de Vigo, “resulta extremadamente grave seguir a elevar o tipo de referencia do IBI, que pasa do 9,901% ao 9,910% achegándose un ano máis ao tope legal que marca o ministerio”.

Por último cualifican coma “especialmente graves” as subas dun 3% nos prezos públicos das escolas municipais de Música e Artes Escénicas.

También te puede interesar