Vigo al minuto

@MareaVigo esixe que se cumpra o mandato da Corporación e se amplie o servizo de socorrismo a 4 meses

Marea de Vigo vén de denunciar que o Goberno local non cumpriu a moción aprobada no Pleno do Concello que instaba á ampliación dos horarios do Servizo de Salvamento e Socorrismo e que actualmente cubre 10 praias da Cidade dende o 15 de xuño ate o 15 de setembro.

A Corporación estivo dacordo en ampliar o servizo cando menos do 1 de xuño ao 30 de setembro e ás fins de semana durante os meses posteriores de existir afluencias notables de bañistas nos areais vigueses.

Este servizo municipal externalizado e rexido polo prego concesional foi outorgado á empresa MOVE Servizos de Ocio. “Un servizo que toma máis importancia cada ano dado o notable incremento do número de intervencións que se dan por tempada”. Sirva coma exemplo, indican dende Marea de Vigo, que o pasado verán contabilizáronse 4.329 intervencións e 60 evacuacións a centros hospitalarios, “dúas cada tres días”.

A xuízo de Marea de Vigo, “lamentablemente os acordos do Pleno non se levaron adiante e seguen os mesmos horarios de campañas anteriores” e, por desgraza, e “tal e como denuncia o persoal,  con situacións laborais e de recursos materiais precarios que obrigaron a convocar as mobilizacións a partir deste sábado».

“Vigo é a cidade de España onde máis tarde finaliza o verán e onde máis se están incrementando os días estivais e polo tanto, e dada a importancia dun Servizo Público como o de Salvamento e Socorrismo é á luz destes datos, entendemos que a ampliación deste servizo se trata dunha necesidade pública, polo que é preciso pasalo de tres a catro meses, garantindo así unha correcta atención ás persoas usuarias das praias da nosa cidade”, indican dende Marea de Vigo.

O grupo municipal insiste en que ten que ir “acompañado do estrito cumprimento das obrigas laborais que emanan do convenio colectivo de aplicación cara as e os traballadores do servizo».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.