Galicia Vigo al minuto

@bngvigo pide o rescate da concesión do Cunqueiro para que sexa un hospital «cento por cento público»

O BNG de Vigo volveu demandar que a Xunta a rescate a concesión do hospital Álvaro Cunqueiro para que o centro médico sexa «cento por cento público».

«O Bloque denunciamos sempre que o modelo privatizador e recortado que impuxo o PP para o novo hospital de Vigo non só comprometía a atención sanitaria senón que ademais era un modelo ruinoso», lembrou o concelleiro Xabier P. Igrexas, quen subliñou que o custe total desta infraestrutura sanitaria será de máis de 1.400 millóns de euros ao remate da súa concesión: o triplo dos 450 millóns estimados no proxecto público desbotado polo Partido Popular.

Igrexas rexeita de plano a pretensión da concesionaria privada de aumentar inda máis os ingresos públicos que recibe. «A UTE ingresou o ano pasado máis de 75 millóns de euros e vemos como agora se demanda inda máis diñeiro público para seguir a engordar a súa conta de resultados, falando de que o Sergas lle ten que compensar que, presuntamente, serve menos menús dos previstos, a rebaixa dos prezos da cafetaría ou as prazas de aparcamento gratuíto para os e as traballadoras do hospital», denunciou.

«Na área sanitaria de Vigo, a política privatizadora do Partido Popular supón que cada ano esteamos a destinar case 150 millóns de euros ao ano para dúas grandes empresas privadas, como son a UTE do Álvaro Cunqueiro e o concerto especial con Povisa», resumiu o portavoz nacionalista.

Igrexas cualificou de «modelo fracasado e rotundamente ruinoso» a política sanitaria da Xunta de Feixóo  e criticou que «non só non mellora a atención sanitaria, senón que a comprometen con recortes por converter a sanidade que é un servizo público, un dereito universal que debera ser gratuíto nun negocio privado».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.