Galicia Sucesos

Unha persoa morta e 90 feridas en accidentes de tráfico nas estradas de Galicia a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 91 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 19 e as 12 menos un minuto da noite do domingo, día 21 de xullo.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 90. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 76 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nun sinistro de circulación.

En 72 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 18 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto.

También te puede interesar