RGPD - Cookies
Galicia

#FestivaisRíasBaixas @Sinsalaudio tomará San Simón dende o xoves

Os vindeiros días 25, 26, 27 e 28 de xullo a Illa de San Simón acollerá unha nova edición do “Sinsal Son Estrella Galicia”, unha das citas dos #FestivaisRíasBaixas que promove a Deputación de Pontevedra.

Segundo salientou este luns Carmela Silva, este é un evento “comprometido cos novos valores do S.XXI: a sustentabilidade do entorno, o compromiso co medio ambiente na loita contra os plásticos e o compromiso coa igualdade, ao ter moitas artistas mulleres tanto no cartel coma na organización”.

A Praia de Cesantes foi o lugar elixido para a presentación desta edición, un acto no que, ademáis da presidenta da Deputación, participou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o concelleiro de Cultura e Turismo, Daniel Boullosa, e o codirector di festival, Luis Campos.

Durante estes catro días de festival, a illa de San Simón vaise encher de música, gastronomía, lecer e moitas outras actividades. Así, nos últimos anos pasaron pola illa artistas coma Alt- J, Maika Makovski, Camila Moreno, Anna Meredith ou Malándromeda, entre outras e outros artistas.

Na última edición, o “Sinsal Son Estrella Galicia” recibiu a preto de 3.000 visitantes durante as dúas xornadas, das cales 650 pasaron polo stand de Igualdade da Deputación onde se prestou asesoramento e, amais, no marco da campaña de Turismo Sustentable repartíronse preto de 700 ecocabichas.

También te puede interesar