Deportes Vigo al minuto

#Handtastic A selección española na @depo_es entes dos partidos decisivos do Mundial que se xoga en Pontevedra e Vigo

Carmela Silva, acompañada de deputadas e deputados do goberno da Deputación, recibiu á selección española júnior de balonmán que estes días está a disputar o Mundial nas sedes de Pontevedra e Vigo.

A delegación chegou á Deputación cos presidentes da Federación Española, Francisco Blázquez, e da Federación Galega, Bruno López, e, xunto aos xogadores, tamén asistiu o corpo técnico liderado polo adestrador Isidoro Martínez. No vestíbulo do Pazo tamén estiveron presentes nenas e nenos do Príncipe Felipe, amais dos equipos infantís dos clubs Teucro e Cisne.

Silva , que enfundouse a camiseta da selección, amosou o seu orgullo porque “esta provincia estea a acoller este Mundial porque se primeiro pensamos que era unha honra, vivímolo agora como unha oportunidade para mostrar a toda España e ao mundo a estes xogadores que son o noso presente pero tamén o noso futuro”.

A presidenta da Deputación felicitou á xogadores e técnicos “polas tres vitorias consecutivas que supoñen que xa esteamos clasificados para Octavos de Final,” e citou un por un os nomes de todos os seus compoñentes, facendo un recoñecemento especial a Pau Navarro.Tamén subliñou a importancia de apoiar este deporte “que nesta provincia se escribe con letras douro porque amamos o balonmán. Sempre tivemos e temos moitos equipos pero tamén unha base potentísima e por iso sempre seremos a milla douro do balonmán español”.

También te puede interesar