Galicia Vigo al minuto

@eva_solla cualifica de «inaceptábel» que o hospital Cíes pase a mans privadas sin que Xunta e Concello fixeran nada

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e coordinadora nacional de Esquerda Unida presentou onte unha pregunta ao Goberno galego, logo da decisión do Goberno da Xunta ao desbotar a idea de darlle ao Hospital Cíes un uso público sociosanitario e deixar que acabase en mans dunha mutua privada.

Eva Solla subliña que arredor de 98 prazas para persoas maiores e dependentes nunha área que conta con 88.000 maiores de 65 anos, para as que na actualidade só existen 604 prazas en centros e residencias, son os datos manexados polo sindicato Comisións Obreiras, cuxa Federación de Pensionistas leva varios anos demandando o uso sociosanitario do antigo Xeral Cíes, “demandas que a día de hoxe semellan quedar xa en papel mollado tras as recentes novas respecto á utilización do edificio por parte de Ibermutuamur”.

Manobra “opaca”

Solla cualifica esta manobra como opaca e esixe ao Gobeno de Feijoo que aclare «os termos nos que se vai dar este uso dunha infraestrutura pública», do mesmo xeito que critica que o propio Goberno local de Vigo «non amosara ningún interese xunto a unha absoluta desidia á hora de reclamar una infraestrutura pública para a súa veciñanza» tal e como ademais quedou pantente cando rexeitou no propio Pleno do Concello apoiar as demandas da Federación de Pensionistas de CCOO ao respecto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.