Destacados Vigo al minuto

@abelcaballero adianta que en “dez días” haberá un proxecto “excepcional” para reformar o Paseo de Bouzas

O alcalde asegurou este martes que “en dez días” o Goberno local terá xa o proxecto, “encargado hai dous meses” para remodelar por completo o Paseo de Bouzas.

Abel Caballero asegurou que será unha “actuación excepcional, á altura do que merece Bouzas” e que axiña, logo de que supere a declaración de impacto ambiental, a dirección de Costas cederá a titularidade do paseo ao Concello, polo que se poderá iniciar a reforma do mesmo.

Ao mesmo tempo que se fai realidade esta reforma, empezará o trazado do do paseo ata  Samil de xieto que, “nun tempo razoable,  haberá un paseo entre Samil e Bouzas”.

También te puede interesar