Sucesos Vigo al minuto

Os 9 militantes de @CausaGaliza detidos en 2015 non formaban parte de organización armada algunha

Causa Galiza informa de que a ‘Audiencia Nacional’ levantou a imputación «por pertenza a organización armada» que, dende 2015, pesaba sobre nove militantes desta formación.

Segundo lembran, o 30 de outubro de 2015 axentes da Garda Civil entraron en nove domicilios de independentistas galegos aos que acusaron de ser parte dunha “organización terrorista” e de constituír o «brazo político» da mesma.

Os nove detidos foron trasladados ao cuartel de Tres Cantos, en Madrid, onde estiveron incomunicados tres días, “sendo sometidos a interrogatorios políticos”.

No ano 2016, a ‘Audiencia Nacional’, que decretara cautelosamente a «suspensión de actividades» de Causa Galiza, “debido á acusación policial”, suspende esta medida e devólvelle a estatus legal á formación independentista. “Agora nun auto de 1 de xullo, o mesmo tribunal retira tamén a acusación de ‘pertenza a organización armada’ ás nove persoas procesadas”.

Segundo indican os responsábeis de Causa Galiza, o auto “desmonta catro anos de montaxe policial” e evidencia que “os titulares publicados pola practica totalidade dos medios de comunicación eran inveraces e alimentaron unha estratexia represiva que estaba movida exclusivamente por obxectivos políticos”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.