Galicia Vigo al minuto

@gilbertogil, el mito este martes en Vigo

É un símbolo da música popular brasileira, foi ministro de Cultura no seu país… Gilberto Gil é un xigante e poderemos disfrutalo nun concerto excepcional este martes, día 16 de xullo.

Gilberto chega ao Auditorio Mar de Vigo (ticketea.com / eventbrite.esdentro da súa xira europea na que presentará o seu novo disco ‘Ok ok ok’ (2018), co que regresa logo de problemas de saúde. Só ofrece outros dous concertos na Península: Barcelona (8 de xullo) e Lisboa (19 de xullo).

Con este novo traballo volve ao top mundial da música, con temas que falan da familia, das amizades, da vellez ou da enfermidade, pero tamén contra as patrullas ideolóxicas. Gil inaugura unha nova fase na súa carreira: o primeiro álbum da súa vellez, co que volve ao nivel da xenialidade. Mais isto non afecta ao seu directo, no que estará acompañado dunha excelente banda e unha das revelacións musicais no Brasil contemporáneo: Roberta Sá.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.