Comarcas

As visitas guiadas polo Camiño Portugués chegan este xoves a Gondomar

A especialidade de promoción turística do OE Valmiemprega III, realizou as dúas primeiras visitas guiadas, das tres que se programaron, centradas no trazado do Camiño Portugués da Costa por Valmiñor.

O pasado mércores, día 10, levouse a cabo o itinerario polo concello de Baiona dende a Praza de Santa Liberata ata a Ponte da Ramallosa, facendo diversas paradas para explicar os diferentes elementos patrimoniais como as igrexas, o casco histórico, o cruceiro da Santísima Trinidade, a Pote Vella e a Ponte Nova de Sabarís, para rematar na Ponte medieval de Ramallosa.

O venres 12, o itinerario continuou polo trazado do camiño a través de Nigrán, partindo da Ramallosa, Pías, o Pazo da Reboleira, a Igrexa de San Pedro da Ramallosa, rematando finalmente no Pazo de Cea.

O vindeiro xoves 18, ás 10.00 da mañá terá lugar a última das rutas históricas a través dos vellos camiños a Compostela, neste caso farase un percorrido dun tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte, dende o Pazo do Conde ata a Igrexa de Vilaza. Aínda quedan prazas libres, e os interesados poden inscribirse no teléfono 986 384020.

También te puede interesar