'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

@bngvigo denuncia a presenza de ratas e lixo no parque da Bouza

O Bloque Nacionalista Galego, vén e denunciar, recollendo as denuncias veciñais, o abandono do parque da Bouza.

Xabier P.Igrexas, concelleiro do Bloque instou ao Goberno municipal a actuar xa ante a falla de mantemento e limpeza do parque, con existencia de lixo, sen papeleiras, pólas de árbores rotas, cristais preto da área de xogo de cativos e, o que é “aínda moito máis grave: a presenza de ratas e ratos no parque”.

Falla de mantemento

«Temos un Goberno municipal afeito a prometer novas actuacións, a deslumbrar con infografías, a ocupar titulares con anuncios de novos proxectos, pero desde logo o que brilla pola súa ausencia é o mantemento, a atención, a limpeza e o bo estado de espazos como o parque da Bouza», sinala o concelleiro do BNG.

Igrexas considera o parque da Bouza «un espazo privilexiado» e lembrou que foi unha «grande conquista veciñal para ese barrio, cunha valiosa zona verde co seu humidal, e cun espazo de esparcemento, que o configura como un grande pulmón verde para a súa contorna».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.