Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@bngvigo denuncia o recorte, «á metade», do profesorado de Primaria do CEIP Eduardo Pondal

O Bloque indica que a Consellería de Educación deixa a este colexio con so dous profesores de Primaria

O BNG de Vigo denuncia e rexeita a decisión adoptada pola Consellería de Educación de recortar á metade do profesorado de primaria no CEIP Eduardo Pondal, da parroquia de Sampaio.

O concelleiro Xabier P. Igrexas subliñou que esta decisión deixará este colexio público con dous profesores de primaria, cando na actualidade dispón de catro, e fará que teñan que compartir recursos como o PT (pedagoxía terapeútica) con outros centros.

“A decisión foi adoptada con total opacidade e sen ningún tipo de diálogo coa comunidade educativa”, sinala o concelleiro, “como demostra o feito de que a ANPA fique pendente de ser recibida pola Xefatura Territorial de Educación desde o pasado 1 de xuño”.

Dende o Bloque indican que este recorte abocará ao centro a ter que xuntar alumnado de diferentes niveis educativos nun mesmo grupo, o que se traducirá nunha peor atención educativa, e a falla de profesorado pode comprometer o desenvolvemento de proxectos educativos que se estaban a realizar no centro.

Denuncia no Parlamento

Igrexas cualifica de «gravísima» a situación que provoca esta decisión que considera «arbitraria e inxustificada». O portavoz municipal do Bloque anunciou que darán traslado desta situación ao Parlamento de Galicia «para que se nos explique desde o Goberno galego cales son os motivos deste recortes» co obxectivo de lograr que finalmente non se apliquen, garantindo que o alumando do CEIP Eduardo Pondal teña «o profesorado suficiente para ser atendido e manter a actual estrutura de grupos

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.