Comarcas

@AGuarda_es realiza unha contratación laboral temporal para Encargado/a do Museo do Mar

O Concello da Guarda selecciona a unha persoa encargada do Museo do Mar en réxime laboral temporal concretado este na cobertura temporal interina da praza, que quedou vacante por renuncia do seu titular, en tanto non se proceda á súa provisión definitiva ou se amortice.

A xornada laboral é de 15 horas semanas, sábados, domingos e festivos e o horario en verán de 11 a 14:00h. e de 18:00 a 21:00 h.dende o 15 de xuño ao 15 de setembro. En inverno de 11-14:00h. e de 16:00 a 19:00 h. O salario bruto mensual é de 364,78€ -excluídas pagas extraordinarias-. A titulación esixida é graduado escolar, ESO ou equivalente.

As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello –https://aguarda.sedelectronica.gal/info– dende a publicación do presente anuncio ata o 30 de xullo de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.

También te puede interesar