Galicia Vigo al minuto

O Concello habilita lanzadeiras de @VitrasaVigo para os días dos concertos en Castrelos

Con motivo da programación dos concertos en Castrelos, o Concello de Vigo habilitará un servizo especial de Vitrasa con lanzadeiras.

O percorrido será desde a Avenida de Castrelos pasando por Praza de América, Camelias, Romil, Paseo de Alfonso, Policarpo Sanz, García Barbón, Isaac Peral, Travesía de Vigo e Gregorio Espino. Para poder acercarse ata o parque de Castrelos tamén poderán realizarse os desprazamentos cos servizos habituais das líñas L7, L8, L12B, L17, L27, H1, y H2.

Lanzadeiras para 9 actuacións

Os concertos que disporán de servizo de lanzadeiras serán os de Lauryn Hill, Leiva, Tom Jones, Fangoria, Rick Astley, Roger Hodgson, Thirty Seconds to Mars, Vetusta Morla e David Bisbal.

Ademais, haberá  aparcadoiros para persoas con discapacidade na Avenida de Portanet e na Avenida de Balaídos e as persoas que utilicen cadeira de rodas terán preferencia no parking situado detrás do escenario.

Tráfico

Os días de concerto estará prohibido aparcar en toda a avenida que cruza o parque de Castrelos (Paseo de Ángel Ilarri) e haberá en todo o recinto novos colectores de reciclaxe. Por último, á conclusión dos concertos quedará cortado o tráfico na Avenida de Castrelos (entre Portanet e Avenida Arquitecto Palacios) para facilitar a saída de espectadores.

Venta de entradas

Fangoria (concerto o mércores 24 de xullo). Entradas á venta desde o 10 de xullo (6 euros anticipada; 8 euros en billeteira).

Rick Astley (concerto o venres 26 de xullo). Entradas á venta desde o 11 de xullo (8 euros anticipada; 10 euros en billeteira).

Roger Hodgson (actuación o luns 29 de xullo). Entradas á venta desde o 12 de xullo (8 euros anticipada; 10 euros en billeteira).

Thirty Seconds to Mars (actuación o xoves 1 de agosto). Entradas á venta desde o 15 de xullo (8 euros anticipada; 10 euros en billeteira).

Furious Monkey House, Xoel López y Vetusta Morla (venres 2 de agosto). Entradas á venta desde o 16 de xullo (6 euros anticipada; 8 euros en billeteira).

David Bisbal (concerto o xoves 8 de agosto). Entradas á venta desde o 10 de xullo (6 euros anticipada; 8 euros en billeteira).

También te puede interesar