RGPD - Cookies
Galicia

@FeijooGalicia afirma que a sanidade pública ten 2.300 profesionales máis, bate marcas en operacións e consultas e ten as menores esperas da historia

O presidente do Goberno galego adiantou este luns que o novo ‘Plan Galego de Hospitalización a Domicilio 2019-2023’, que se aprobará esta semana no Consello da Xunta, permitirá estender este servizo ao 100% dos galegos os 365 días do ano.

“Estamos a falar dun plan estratéxico completo para o 100% do territorio e que marcará un antes e un despois”, dixo o presidente Feijóo, incidindo en que ata o de agora este servizo funciona só de luns a venres, alcanzando o 75% do territorio.

Se ben non é fácil trazar o perfil do doente que ten acceso a este servizo, Feijóo precisou que entre os casos están o seguimento de persoas transplantadas ou con patoloxía cirúrxica, pacientes crónicos ou persoas que reciben coidados paliativos, entre outros.

Así, actualmente benefícianse desta atención máis de 5.000 pacientes ao ano grazas ás 15 unidades e 45 equipos repartidos por todas as áreas sanitarias galegas.

Durante unha visita á unidade de Hospitalización a Domicilio do Hospital Marítimo de Oza, Feijóo destacou o labor dos profesionais de HADO e subliñou que “o Goberno galego seguirá comprometido e traballando para a Sanidade da vindeira década: con 2.300 profesionais máis que hai 10 anos, con récords en intervencións, consultas e transplantes e tamén coas menores esperas desde que hai rexistros”.

También te puede interesar