RGPD - Cookies
Comarcas

@AGuarda_es premia aos seus mellores estudantes

A Casa dos Alonsos, en A Guarda,  acolleu este luns a entrega dos ‘Premios de Educación 2019’, que promove a Concellería de Educación para distinguir os mellores expedientes académicos dos centros educativos da vila.

Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Fátima Rodríguez, Concelleira de Educación, foron os encargados de entregar estes premios aos alumnos e alumnas que obtiveron as mellores notas nos seus respectivos cursos e centros educativos.

Para Fátima Rodríguez “un dos maiores orgullos que pode sentir un concello está en poder comprobar como a súa xuventude prospera e vai por moi bo camiño”.

Pola súa banda o alcalde quixo  agradecer o esforzo destes alumnos, animándoos a continuar coa súa formación para acadar os seus soños e traballar naquilo que lles guste e co que se sintan satisfeitos.

Os premiados este ano foron:

CEIP Manuel Rodriguez Sinde, 6ºEP: Gema Peniza e Aleixo Constenla; CEIP Solanas-Nicolas Gutiérrez Campos, Mara Romeu e Antía Fernández.

IES A Sangriña, 2º de Bacharelato: Sabela Martínez, Noa Baz, Iria Peniza e Fernando Rodríguez; 4º ESO: Víctor Adrover; Miguel Moreira; Carlos Alfonso; Grao Superior de Administración e Finanzas: Gemma Samantha González; Grao Xestión Administrativa: Jennifer Barbosa.

CEIP A Sangriña, 6ºPrimaria: Vera Márquez, Sara Lomba, Érika Domínguez e Raquel Méndez. CPR San José, 6º Primaria: Isis González, Brayan Lomba; 4º ESO: Lucía Lomba; PP Somascos, 6ºEP:Daniel Sobriño, Paula Durán; 4ºESO: Eva Vicente.

También te puede interesar