Cultura Destacados

A Escola de Artes e Oficios de Vigo abre a inscrición para novo alumnado

O Concello ven de abrir o prazo para a preinscrición, presencial e por Internet, de alumnado de novo ingreso nas distintas especialidades que conforman a oferta educativa na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

En total, convócanse 206 novas prazas para os cursos básicos en horario de tarde e 118 para os cursos de iniciación en horario de mañá.

As especialidades que se convocan, son, en Curso Básico de tardes: Pintura, Debuxo artístico, Talla e escultura en madeira, Ourivaría, Artesanía en coiro, Deseño e encaixe de palillos, Moda e confección, Construción artesanal de Zanfonas, Construción artesanal de gaitas, Cerámica artística e Encadernación

Curso de Iniciación, polas mañás : Pintura, Debuxo artístico, Talla e escultura en madeira,  Ourivaría,  Artesanía en coiro,  Moda e confección,  Construción artesanal de zanfonas e  Encadernación.

Cursos extraordinarios –polas tardes-: Moda e confección “Drapeados e Lenzaría”, Deseño e encaixe de palillos: “De Cluny a contemporáneo”.

Os prazos de preinscrición son ata o 6 de setembro  -só internet-; ata o 31 de xullo e de 2 a 6 de setembro -presencial e internet-. Para obter máis información pódese preguntar na propia escola de Artes de Oficios, en García Barbón, 5, en horario de 10 a 14 horas, laborables de luns a venres -agosto, pechado-, no enderezo electrónico  [email protected] e no teléfono 986228088.

También te puede interesar