Destacados Sucesos

#NósCrémoste Convocada unha concentración en Vigo en apoio á vítima da ‘Mana de Manresa’

‘Feminismo unitario de Vigo’ convoca unha concentración o luns día 8 de xullo ás 20:00h diante do MARCO baixo os lemas: ‘Non é abuso, é violación’ ‘Irmá Eu creote’  para amosar o apoio á vítima da ‘Manada de Manresa’.

Trátase dunha nena de 14 anos quen denunciou que fora violada, en quendas, nunha fábrica abandonada, por seis individuos-máis un sétimo que presenciara os feitos mentres se mastrubaba– que están sendo xulgados.

“Queremos mandar todo o noso apoio, solidaridade e forza nestes momentos nos que, unha vez mais a Xustiza Patriarcal xogou as súas cartas nunha recente resolución sobre unha deúncia por agresión sexual”.

As convocantes denuncian que a  vítima non só recibe a “violencia dun sistema xurídico patriarcal” senón o odio mais descarnado e profundo como resposta que, “por desgraza, fainos lembrar posturas políticas antifeministas que toda a sociedade debería rexeitar como retrogadas”.

También te puede interesar