Vigo al minuto

O Sergas nega retrasos nas consultas dos centros de saúde de As Neves e O Rosal

Acusa á CIG de xeral “alarma e inquietude” e garante a asistencia de Atención Primaria “a toda a poboación”

Ante a denuncia pública do sindicato CIG en relación coa atención nos centros de saúde de O Rosal e As Neves, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) fai unha serie de puntualizacións e acusa ao sindicato de “partidismo”, de servir a “intereses ideolóxicos” e de xerar “alarma e inquietude” na poboación.

Segundo o Sergas, “a dia de hoxe, os centros de saúde de O Rosal e As Neves dispoñen de citas nas axendas médicas para a consulta de mañá mesmo”. 

O servizo Galego de Saúde “garante a asistencia sanitaria en Atención Primaria a toda a poboación durante a época estival”, ao mesmo tempo que compatibiliza os dereito dos traballadores ao seu descanso vacacional.

Para garantir a mellor atención posible, dende o Sergas saliéntanse que “estanse a desenvolver todas aquelas medidas que permitan unha cobertura das ausencias con persoal das listas de contratación:  contrátase a todos os profesionais dispoñibles para a substitucións de vacacións; e formalízanse reforzos nas zonas de afluencia turística, non só a nivel de centros de saúde, senón tamén de urxencias”.

Ante a imposibilidade de cubrir todas as ausencias estivais, na área de Vigo “puxéronse en marcha máis estratexias de planificación”, como a centralización da asistencia sanitaria en horario de mañá en determinados centros de saúde e consultorios. Unha “reorganización  que se produce, como en anos anteriores, ante a falta de persoal para realizar as substitucións dos profesionais que están de vacacións”.

Outras das medidas adoptadas son a  prolongación de xornadas ou a intersubstitución, “é dicir, o resto dos profesionais dun mesmo centro de saúde atenden provisionalmente o cupo das consultas de pacientes que corresponde ao profesional ausente”.

También te puede interesar