Galicia Vigo al día

O Parlamento de Galicia insta ao Goberno do Estado a que constrúa a subestación eléctrica de Balaídos

O Parlamento de Galicia aprobou este xoves unha proposición non de lei do Grupo Popular, pola que se solicita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que cumpra coa planificación vixente 2015-2020 de Rede Eléctrica de España.

A proposición insta ao Goberno do Estado a poner en marcha todas as medidas necesarias para desbloquear este investimento e iniciar a construción dunha nova subestación para atender a demanda industrial de Balaídos e conectar a Vigo á rede de transporte de 220 kilovoltios, “facilitando unha subministración eléctrica moderna con capacidade de ofrecer estabilidade ao servizo e un abaratamento da factura eléctrica”.

https://twitter.com/PPdeVigo/status/1146357018711773185

A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique-que tamén é concelleira en Vigo- manifestou que “estamos diante dunha reivindicación totalmente xusta, porque cremos que non estamos en igualdade de condicións para competir con outros lugares de España e Europa”.

“PSA Balaídos, que está sendo un referente para o grupo gracias á innovación e ao saber facer dos seus traballadores, non pode ver reducido o seu nivel de competitividade por carecer dunha subministración eléctrica axeitada”, apuntou.

También te puede interesar