Galicia Vigo al día

@SomosABANCA e Cámara de Comercio de Tui entregan más de 9 toneladas de comida ao @BcoAlimentosVgo

Abanca e a Cámara de Comercio de Tui entregaron este venres ao Banco de Alimentos de Vigo máis de 9.000 quilos de comida, no marco da campaña solidaria de recadación de donativos desenvolta conxuntamente por ambas as entidades baixo o lema ‘Únete ao proxecto solidario’.

A campaña contou coa participación de 30 empresas da demarcación da Cámara de Comercio de Tui. Os traballadores realizaron doazóns de produtos non perecedoiros a favor do Banco de Alimentos de Vigo, á vez que as empresas fixeron o mesmo en forma de doazóns ou por medio de transferencias bancarias para a correspondente adquisición de alimentos.

A recollida, que tivo lugar durante a primeira quincena de xuño, superou os 6.000 quilos e as achegas económicas están próximas aos 3.000€.

Paralelamente, desde Abanca, clientes, empregados e colaboradores puideron doar ‘cestas’ solidarias que inclúen produtos de primeira necesidade non perecedoiros como arroz, leite, legumes, pasta ou aceite, e que este ano podían adquirirse a través de doazóns de 5, 10 ou 20€.

También te puede interesar