'Qué te cuentas?' Galicia

@Xunta licita en 1,2 millóns o primeiro albergue público de Vigo para peregrinos

O Goberno de Galicia vén de licitar os traballos para a construción do primeiro albergue público da cidade de Vigo por 1,2 millóns de euros, segundo informou este martes na cidade o  conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.

Para facer realidade o mesmo vaise acometer a rehabilitación dun edificio en ruínas situado no número 5 da  Ribeira do Berbés e  o doutro inmoble que ocupa os números 7 e 9 da  Praza Peñasco, que conformarán un mesmo establecemento.

O conselliro subliñou que a restauración preservará os materiais tradicionais empregados no edificio como as carpinterías de madeira ou a pedra natural. Tamén se conservará o soportal e a fachada de pedra existentes nas plantas baixa e primeira.

O prazo de execución desta obra será dun ano a contar desde a sinatura do contrato, polo que Rodríguez concretou que o obxectivo da Xunta é que este proxecto estea listo para o próximo Xacobeo 21

Aspectos técnicos

O albergue contará cun total de seis andares e terá un aforo máximo de 93 persoas, distribuídas en sete habitacións. Haberá unha habitación e catro servizos hixiénicos adaptados e todas as habitacións estarán deseñadas para ser utilizadas por persoas con mobilidade reducida, converténdose así nunha instalación 100% accesible.

A superficie da parcela na que se actuará será de preto de 270 m², se ben a superficie na que se acometerá a reforma, sumadas as seis plantas, será de preto de 970 m².

No andar baixo, con acceso desde Ribeira do Berbés, situarase o vestíbulo de acceso, co mostrador de recepción e un cuarto reservado para o albergueiro, unha consigna de bicicletas, unha sala destinada á cociña, un comedor e sala de estar e na zona traseira dous aseos adaptados.

O primeiro andar contará cun pequeno balcón, dous dormitorios adaptados con capacidade para 20 e 16 persoas, respectivamente, e tres aseos, un deles adaptado. A maiores, neste andar situaranse tres habitacións especialmente adaptadas.

No segundo andar incluirase unha galería, tres dormitorios adaptados con capacidade para 20, 26 e 10 persoas, respectivamente, e tres aseos, un deles adaptado.

O terceiro andar quedará reservado para lavandaría e instalacións, mentres que no cuarto andar, que terá acceso desde a praza de Peñasco, situarase unha segunda zona de estar, con carácter máis reservado que a da planta baixa.

Xa por último, o quinto andar contará cun dormitorio con capacidade para dez persoas e dous aseos.

También te puede interesar