RGPD - Cookies
Galicia

@COGAMI_Galicia inicia en Pontevedra un curso para fomentar o emprego das persoas con discapacidade

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) vén de iniciar en Pontevedra un curso ‘Expendedor de Combustible’ dirixido a persoas que teñen certificado de discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para a profesión habitual.

Con duración de 100 horas, é unha das accións que desenvolve COGAMI dentro do programa de inclusión sociolaboral ‘Máis Emprego’ que financia a Fundación Bancaria “la Caixa” e o Fondo Social Europeo.

Máis Emprego proporciónalle ao alumnado destrezas profesionais que lle permiten un rendemento competitivo no mercado laboral ademais de desenvolver habilidades persoais para a súa participación social. Dende que iniciou este programa en 2017, xa son preto de 150 as persoas que lograron inserirse tras pasar por este programa.

También te puede interesar