RGPD - Cookies
Comarcas

O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos

O Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que, dende o luns 24 de xuño e ata o día 4 de xullo, inclusive, estará aberto o prazo de inscrición para participar nos Campamentos Urbanos que se desenvolverán durante o mes de agosto distribuídos en catro quendas.

O campamento urbano, que desenvolverá as súas actividades nas inmediacións do palco da música da Alameda de Redondela entre as 9 h e 14 horas, está dirixido aos nenos e nenas con idades comprendidas entre 4 e 12 anos. Cómpre salientar que tamén poden inscribirse os cativos e cativas que, sendo menores de 4 anos, os cumpran dentro das quendas solicitadas para participar.

A actividade estará dividida en catro quendas, do 5 de agosto ao 9 de agosto, do 12 de agosto ao 16 de agosto (excepto o 15 festivo), do 19 de agosto ao 23 de agosto e do 26 de agosto ao 30 de agosto e ofertarán 30 prazas por quenda outorgándose por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro do Concello.

Os interesados e interesadas poden descargar o formulario de inscrición dende a web do Concello de Redondela – onde tamén poderán consultar as normas polas que se rexerá esta actividade.

También te puede interesar