Galicia Vigo al minuto

@bngvigo pide ao Goberno local que tome medidas para aforrar auga

O BNG de Vigo vén de demandar do Concello que poña en marcha, con carácter inmediato, medidas de redución do consumo de auga.

O concelleiro Xabier P. Igrexas insta a que se restrinxa o regadío das zonas de axardinamento público, o funcionamento das fontes ornamentais e que se aplique o acordo plenario que mandata que non se pode seguir baldeando rúas da cidade para labores de limpeza con «auga potábel da traída».

Igrexas xustifica a necesidade de aforro para evitar que a cidade volva entrar en situación de prealerta ou alerta por seca como sucedeu nos últimos veráns. Neste sentido, o edil do Bloque lembra que as series históricas recollen que é a partir da semana 30, que coincide coa última semana do mes de xullo, cando por causa da falla de precipitacións comeza a caída na capacidade dos embalses.

Modificación do recibo

Por último, defendendo que a auga é un ben público pero tamén un ben esencial e limitado, o concelleiro do BNG reiterou a necesidade de modificar o actual sistema tarifario. «Temos que modificar o recibo da auga, para evitar pagar por unha auga que non se consume, pero tamén para estimular o aforro e, en todo caso, penalizar os grandes consumidores», defendeu, aludindo ao tramo mínimo actualmente vixente de 30 metros cúbicos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.