Destacados Vigo al minuto

@bngvigo aposta pola rexeneración de Samil e a recuperación das súas dunas

Logo de que o Goberno local decidise rescatar a concesión do Camaleón en Samil, o BNG valorou positivamente esta medida logo da cal demanda «audacia e determinación para acometer a rexeneración integral da praia e a recuperación do seu sistema dunar».

O concelleiro Xabier P.Igrexas defende, tal e como sosteñen as expertas a nivel de enxeñería como na cuestión ambiental, que «esa rexeneración pasa necesariamente por como mínimo duplicar a faixa do areal de Samil».

Para que sexa posible será necesario «retranquear a actual liña de paseo e de servizos para levalos máis atrás, pero tamén repensar e racionalizar a cantidade de dotacións e servizos que podemos instalar en primeirisima liña de praia».

Proxecto de rexeneración integral

O Bloque coincide en que a necesidade de actuar en Samil, “é unha tarefa histórica que temos como cidade, pero o que ten que facer o Goberno é poñer en marcha medidas concretas, e a primeira é encomendar a elaboración dun proxecto para a rexeneración integral da praia”.

Igrexas demanda un proxecto que vaia alén de actuacións isoladas ou medidas parciais senón que recolla unha actuación completa para «reverter as agresións paisaxísticas e ambientais que supuxeron algunhas actuacións hai varias décadas».

O Bloque inscribe a necesaria rexeneración de Samil nunha estratexia para reconciliar a cidade co seu medio natural e na que ten unha grande importancia a recuperación e posta en valor do conxunto da faixa litoral.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.