RGPD - Cookies
Galicia

@En_Marea afúndese: @VillaresLuis e tres deputados máis deixan o partido e pásanse ao Grupo Mixto

En Marea vaise a pique. O seu voceiro, o lucense Luís Villares, e os tres deputados que están dacordo con el – Paula Vázquez Verao, Pancho Casal e Davide Rodríguez- veñen de anunciar que deixan o partido e se pasan ao Grupo Mixto do Parlamento de Galicia, logo  dos seguidos desencontros co resto dos deputados do grupo.

En Marea ten 14 deputados e, logo do Partido Popular foi a formación máis votada nas eleccións galegas celebradas o 26 de setembro de 2016. Daquela obtivo  273.523 sufraxios e 5 deputados máis que nos comicios anteriores.

Superou en preto de 20.000 votos ao PSdG-PSOE- que lograra o mesmo número de escaños- e máis que duplicou o apoio do BNG -119.446 votos e 6 escanos-.

También te puede interesar