'Qué te cuentas?' Galicia

Goberno de Galicia e Cooperativa de Armadores asinan un acordo para iniciar un ciclo de FP Dual en Vigo

O Goberno de Galicia e a Cooperatiiva e Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) asinaron un acordó que permitirá a posta en marcha dun ciclo experimental de FP Dual no eido pesqueiro.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e maila conselleira do Mar, Rosa Quintana, asinaron hoxe o convenio de colaboración para a posta en marcha deste ciclo dual de grao superior para a obtención do título superior de técnico de Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións que se impartirá no Instituto Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, en Vigo.

O convenio tamén foi asinado polo presidente de ARVI, Javier Touza; e polos representantes das quince empresas participantes neste proxecto -Freiremar, Moradiña, Pesqueras de Bon, Febesa Cangas, Pescapuerta, Hermanos Gandón, Agustín Santomé, Pesquerías Carral, Stella Maris de Bueu, Armadora Pereira, Walvisfish, Gordejuela Pesca, Pescaberbes, Angelsonia Pesca e Viverdreams Fish-.

16 alumnos poderán cursar o vindeiro curso 2019-20 o grao superior dual de Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións, onde compaxinarán a formación académica  coa formación práctica nas instalacións das empresas asinantes do acordo.

En total, o ciclo consta de 2.000 horas de formación curricular que se repartirán a razón do 44% no centro educativo entre os meses de setembro e decembro do vindeiro curso, e o 56% restante como actividade profesionalizadora no centro de traballo entre xaneiro e xuño.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.