Galicia Sucesos

Traballadores de #Alcoa péchanse na Delegación do Goberno en Galicia

Traballadores da fábrica de Alcoa están pechados na Delegación do Goberno en Galicia, na Coruña, para que se lles garanta una proxecto de futuro para a planta coruñesa.

O Comité de Empresa subliña que o Goberno “desentendeuse”das obrigas que adquirirá cando se tramitara o Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) e non está a dar “as garantías ás que se comprometeu”.

Os traballadores síntense “abandonados e traizoados” polo Ministerio de Industria, e por iso afirman que permanecerán na Delegación do Goberno “ata que o ministerio cumpra os seus compromisos de valedor dos investimentos que se necesitan e as garantías para o mantemento do emprego”.

También te puede interesar