RGPD - Cookies
Comarcas

@Anne_Hidalgo agradece á @depo_es o ofrecemento da Escola de Cantería para colabora na reconstrucción de #NotreDame

A Deputación de Pontevedra vén de recibir a resposta da Alcaldía de París en relación ao ofrecemento do goberno provincial para que profesionais da Escola de Cantería colaborasen na reconstrución de Notre Dame.

Esta proposta, que naceu da vontade do ex alumnado da Escola de Cantería, foi valorada positivamente polo goberno parisino quen trasladou á Deputación que non so agradecían o ofrecemento senón que tamén “toman nota” e que contactarán novamente tras recompilar “unha maior información sobre a avaliación das necesidades existentes”.

O goberno provincial recibiu o escrito da Embaixadora, Conselleira Diplomática e Delegada Xeral de Relacións Internacionais do Concello de París, Patrizzianna Thiellay, en nome da alcaldesa Anne Hidalgo, quen subliña que o ofrecemento do goberno da Deputación “nos ten realmente emocionado, o que queremos agradecer moi profundamente”.

No seu escrito, Thiellay asegura que “é un deber que un día esta xoia volva a resplandecer no corazón da Cidade da Luz” ao tempo que agradece o ofrecemento de colaboración da Deputación, asegurando que retomarán o contacto en canto teñan recompiladas todas as necesidades.

Carmela Silva tiña escrito a Anne Hidalgo, a alcaldesa de París, unha vez coñecido o ofrecemento de antigos alumnos da Escola e Cantería de colaborar na reconstrución da catedral.

A presidenta da Deputación quixo facer extensible a Hidalgo esta posibilidade xa que “o alumnado formado na Escola de Cantería ten unha ampla formación, está moi cualificado e é moi demandado para este tipo de traballos específicos en pedra”.

Máis polo miúdo, Silva lembrou que antigas alumnas e alumnos da Escola “están xa a traballar nas obras máis emblemáticas do mundo, tanto rehabilitando o Capitolio de Washington, como a catedral de Westminster, a Sagrada Familia ou a catedral de Santiago”.

También te puede interesar