Ciencia y Tecnología Galicia

Vigo liderará a formación de pediatras en Galicia

O Ministerio de Sanidada autoriza ao CHUVi a formar a un total de 7 residentes de Pediatría en 10 centros de saúde da Área Sanitaria

O servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) acadou que o Ministerio de Sanidade incrementase a súa capacidade docente coa acreditación dun total de 7 prazas de residentes e 10 centros de saúde docentes, de cara a próxima convocatoria MIR 2020.

O goberno do Estado ven de publicar unha resolución na que se autoriza o incremento de 3 novas prazas acreditadas para a formación de especialistas en pediatría no Complexo vigués, pasando das 4 actuais a 7; ademais das 4 prazas de residentes en enfermaría pediátrica (EIR).

Neste resolución especifícase tamén a autorización para incorporar á Unidade Docente Multiprofesional de pediatría, como dispositivos docentes asociados, aos centros de saúde de Teis e de Mos.

En total son 10 os centros de atención primaria acreditados para ofrecer esta formación , xa que estos dos novos veñen a sumarse aos que xa viñan desenvolvendo esta actividade: rúa Cuba, Matamá, Pintor Colmeiro, Sárdoma, Porriño, Val Miñor, Gondomar e Redondela.

O xefe do servizo de Pediatría, José R. Fernández Lorenzo, manifesta a súa satisfacción con esta resolución “xa que é un recoñecemento da nosa capacidade docente e dos nosos resultados asistenciais, e representa unha oportunidade para posicionarnos como referencia nesta formación especializada, dado que somos o centro sanitario galego con maior número de residentes nesta especialidade”-.

Maior poboación infantil de Galicia

A área sanitaria viguesa atende á maior poboación infantil de Galicia, a 72.115 nenos e nenas de 0 a 14 anos, o que xenera un gran volume de actividade.

“A autorización ministerial suporá unha maior dispoñibilidade de especialistas – en catro anos contarase con 28 novos pediatras – o que contribuirá a facilitar as coberturas a curto e medio prazo e minimizar o impacto producido pola absoluta carencia actual no mercado laboral de pediatras en desemprego”, sinalan dende a Área Sanitaria de Vigo. “O paro cero nesta especialidade está xerando dificultades en toda España á hora de cubrir prazas e ausencias dos titulares”.

Cobertura pediátrica do 88%

Dende o Servizo Galego de Saúde saliéntase que a  solicitude de novas prazas MIR  enmárcanse no conxunto de actuacións que Servizo Galego de Saúde está desenvolvendo para poder dispoñer de máis pediatras: ampliouse a posibilidade de xubilación ata os 68 anos, e estase a promover a captación de profesionais fóra de Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.