Galicia Vigo al minuto

@depo_es lembra ás 1.000 mulleres asasinadas polo machismo criminal

A presidenta da Deputación e a escritora Ledicia Costas, xunto a deputadas e deputados provinciais, encabezou esta mañá a concentración “1000 nomes contra o machismo” na que se escoitaron os nomes das 1.000 mulleres asasinadas dende 2003 por mor da violencia machista.

No acto, no que Ledicia Costas leu un poema creado expresamente para a concentración, a presidenta estivo acompañada ademais da alcaldesa de Cambados e dos alcaldes de Ponte Caldelas, Vilaboa, Pazos de Borbén, A Illa de Arousa e Cuntis, así como concelleiras e concelleiros de Pontevedra, Vigo, Cerdedo-Cotobade, O Grove, Moraña, Poio, Forcarei, Barro, Caldas e Cangas, e funcionarias e funcionarios da Deputación provincial.

Carmela Silva asegurou que hoxe non vou falar, hoxe falan estes nomes que están escoitando: os nomes de 1.000 mulleres asasinadas polo simple feito de ser mulleres, para que non se silencien, para que non queden no esquecemento, para que non pareza que isto é algo pasaxeiro”.

Silva salientou  que “estes nomes están aí e sempre, na memoria, falando alto claro contra as violencias machistas e contra un sistema machista que asasina ás mulleres polo mero feito de ser mulleres”. Tamén tivo palabras a presidenta para Ledicia Costas, “quen falou no nome de todas as mulleres, das que estamos aquí e de todas as que estamos comprometidas con construír outro mundo”. 

https://twitter.com/depo_es/status/1140561067556216832

A escritora incidiu no motivo da concentración destacando que “estamos aquí para denunciar o machismo asasino, para tomar conciencia de que cada vez que alguén nega a existencia desta barbarie, ou cada vez que alguén cuestiona o feminismo, está lexitimando os maltratadores”.

Neste eido, Costas sinalou o que cualificou coma “lamentable espectáculo daqueles partidos políticos que negan a existencia da violencia machista para conseguir votos do xeito máis miserable; partidos que cuestionan os minutos de silencio polas mulleres asasinadas e se retiran das pancartas institucionais que denuncian esta lacra”.

Por elo a escritora reivindicou a necesidade “do apoio completo dos gobernos” e dunha revolución feminista antes de rematar coa lectura dun poema creado para a concentración.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.