Galicia

Logo de 43 anos o PP perderá a Alcaldía de A Cañiza que pasa a mans do socialista Luis Piña

A Cañiza será o segundo concello no que o Partido Popular deixe de gobernar logo de máis de 40 anos ininterrumpidos.

O socialista Luis Piña, acabará co predominio do PP no concello dende 1976- primeiro con Céssar Mera, quen gobernara 35 anos, e logo con Miguel Adolfo Domínguez, que levaba xa 8 anos na Alcaldía-.

O PP e o PSOE obtiveran o mesmo número de concelleiros, 6, o pasado #26M, o concelleiro número 13 foi para Ciudadanos quen este mesmo xoves asinou un acordo de goberno cos socialistas.

Deste xeito o PP despídese dunha das súas ‘reservas’ da toda a vida, a outra era o concello de Taboadela , no que o pacto PSOE y Cs deixa sen Alcaldía aos populares que tiveron en Manuel Gallego un rexedor imbatido: deixou o Concello logo de 47 anos no cargo e sen perder nunca unhas eleccións.

También te puede interesar