Destacados

@bngvigo considera «inaceptábel» que Sanidade deixe sen pediatra en verán a Coruxo e Matamá

«Inaceptábel». Está é o opinión de Xabier P. Igrexas, concelleiro electo do BNG sobre o feito de que un verán máis o Servizo Galego de Saúde deixe sen consulta de pediatría durante varias semanas os centros de saúde de Coruxo e Matamá.

O Bloque subliña que esta decisión “provoca un claro prexuízo para as crianzas e familias desas dúas parroquias, ao non teren consulta no seu centro de saúde de referencia”, pero que tamén se traducirá nunha «sobrecarga» dos e das pediatras de Navia e Sárdoma, a onde serán derivados. Ambos os dous centros xa teñen demandando o reforzo de medios e persoal, e que no caso de Navia xa presenta importantes demoras nas citas do servizo de pediatría e que aumentando o número de crianzas a atender só aumentarán.

«A falla de previsión e de planificación, e a política de continuados recortes sanitarios que aplica a Xunta do Partido Popular,volve deixar sen pediatría dúas parroquias da cidade», denuncia o edil nacionalista. Emporiso, urxen á xerencia da área sanitaria a rectificar a mal chamada «reorganización» estival, asegurando que «non podemos admitir como algo inevitábel que se prive de pediatra durante semanas a moitas familias viguesas».

Igrexas quixo, no entanto, “recoñecer o esforzo que están a realizar os e as profesionais sanitarias” que «poñen todo da súa parte para, malia os recortes do PP, ofrecer a mellor atención posíbel».

Desde o BNG insisten en reclamar ao Goberno de Galicia que atenda o «clamor social» que esixe unha mudanza radical da súa política sanitaria coa que xoga coa saúde das viguesas e dos vigueses. Un clamor que, subliñou Igrexas, a cidadanía lle fixo chegar con claridade na debacle electoral do PP nos comicios municipais do pasado 26 de maio.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.