Cultura Vigo al minuto

@odscoia presenta ‘Si no hubiese privilegios no habría miserias’ dentro da campaña ‘Fagamos da Risga un verdadeiro dereito’

Dentro da campaña galega “Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito” a Oficina de Dereiros Sociais de Coia (ODSC) acollerá a presentación do libro: “Si no hubiera privilegios, no habría miserias”.

Será o venres, día 14, dende as 8 e media da tarde no centro social “A Revolta do Berbés” (rúa Real 12, Vigo).

O libro, do que haberá exemplares á venta por 13€, recolle o traballo e reflexións da primeira edición da Escola de Acción Social Crítica e Transformadora, celebrada hai un ano en Zaragoza.

“Este material trata de ser unha ferramenta para, desde a denuncia das funcións de regulamento e control que o poder atribue á Acción Social e en concreto ao Traballo Social, situarnos, ante a necesidade de construír mediante o troco de experiencias novos saberes e coñecementos que poidan resultar útiles para a construción de novas formas de practicar a emancipación social e transitar cara outras formas de vivir en sociedades máis xustas, libres e igualitarias”.

También te puede interesar