'Qué te cuentas?' Galicia

Máis da metade dos concellos de Galicia teñen, cando menos, unha praia sen fume

Segundo datos do Goberno de Galicia, a ‘Rede Galega de Praias Sen Fume’ conta actualmente cun total de 141 areais pertencentes a 64 concellos. Isto significa que case o 30% das praias de Galicia xa son sen fume e o 56% dos concellos teñen polo menos unha praia sen fume.

A ‘Rede Galega de Praias Sen Fume’ naceu cun fin educativo e de sensibilización social, recalcando a importancia da conduta dos adultos ante os máis pequenos.

Nas praias sen fume “non se pode fumar na zona do areal, quedando excluídas as zonas ao aire libre dos locais de hostalería situados nelas”. Non existe vixilancia, nin sanción para o incumprimento, é unha elección voluntaria e persoal seleccionar unha praia sen fume como lugar de lecer, e polo tanto o seu cumprimento é unha responsabilidade persoal.

Como novidade o ano pasado incorporouse a posibilidade de incluír praias fluviais, isto amplía a todas as provincias galegas a posibilidade de formar parte da rede. Esta medida fixo posible que obtiveran esta distinción un total de 15 areais fluviais.

Arede estendeuse a outros ámbitos, nacendo a ‘Rede Galega de Portos Sen Fume’. Actualmente hai catro portos deportivos adheridos a rede: Portosin, Portoson, Ribadeo e Baiona.  Esta iniciativa naceu no ano 2012 no concello de Baiona, e no ano 2016 a Consellería de Sanidade puxo en marcha de forma piloto esta rede.

Galicia é pioneira na creación da primeira rede de praias sen fume, sendo o referente do Estado na ampliación de espazos ao aire libre non regulados pola normativa vixente.

A iniciativa acolleuse fora de Galicia, sendo Murcia a primeira en continuar o noso exemplo e despois Canarias. Para facilitar a implantación da súa rede, se lles proporcionou toda a información e os materiais. Cataluña e Baleares están iniciando iniciativas similares, e outras comunidades como Asturias, Andalucía ou Valencia tamén amosaron o seu interese.

También te puede interesar