A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor ven de anunciar a través do Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) de hoxe, martes 8 de xullo, a convocatoria de 10 novos postos de socorristas que se sumarían aos 28 que actualmente están a traballar nas praias de Nigrán e Baiona. Os interesados dispoñen ata o 15 de xullo para presentar a súa candidatura -as bases están penduradas na Sede Electrónica da Mancomunidade-.
Tamén en vigoalminuto
- Desde octubre, dormir en la ciudad le costará a cada turista 1,09€, de media
- Eiras abastecerá a Baiona desde este lunes, ante sus problemas de suministro
- Buscan a una perra que escapó en Navia
- Los sueldos suben en Vigo, pero la vivienda corre mucho más: cada vez cuesta más vivir de una nómina
- Vigo se rinde al balonmano: el Barça conquista su quinta Supercopa Ibérica y el Rocasa reina en el IFEVI
- A Guarda alerta de atascos provocados por las toallitas y otros residuos que llegan al saneamiento
38 socorristas
Deste xeito, os concellos aspiran este ano a contar con 38 socorristas e un coordinador -xa cuberto-, catro máis que no verán de 2024, cando se completou a oferta. Concretamente, traballarían ata o 27 de setembro.
A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor logrou cubrir nos derradeiros dous anos a totalidade das prazas requiridas grazas a ter ofrecido Nigrán e Baiona diferentes cursos gratuítos que habilitan para poder exercer de socorrista en espazos acuáticos naturais.






