Comarcas

@ArboConcello remata os traballos de mellora de estradas municipais en varias parroquias

O Goberno local de Arbo vén de rematar as obras en varios estradas municipais coas que pretende mellorar o servizo que ofrece ás veciñas e veciños, tanto aqueles que circulan en coche coma aos que o fan camiñando.

As obras realizadas nos lugares de Sande parroquia de Mourentan, Moreira na parroquia de Cequeliños,  beirarruas nos Eidos de Abaixo na parroquia de Sela e A Chan na parroquia de Arbo“tiveron como finalidade facilitar, na medida do posible, o acceso ás vivendas neses núcleos de poboación”.

O alcalde en funcións, Horacio Gil, salienta que o Goberno local está a rede de vías municipais, “reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente aquelas  que se atopan en terra”.

Gil lembra que unha das súas prioridades é a de mellorar a seguridade viaria, executando ensanches e mellorando o trazado nos treitos máis perigosos.

O alcalde insiste en que pola grande superficie do concello e o grande número de estradas existentes, “a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado”, sendo necesarios “proxectos de pavimentación que rexeneren  completamente a rodadora en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.