'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

‘Sobresaliente cum laude’ para a tese do doutor Emilio Couceiro, da Área Sanitaria de Vigo

O Dr. Emilio Couceiro de pé, acompañado polo Dr. López Ramón y Cajal​/A tese doutoral do doutor Emilio Couceiro, xinecólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo sobre a técnica da Versión Cefálica Externa (VCE) acaba de obter a máxima cualificación académica, ‘sobresaliente cum laude’, tras a súa lectura ante o tribunal na Facultade de Medicina de Santiago.

O seu autor, baixo a dirección do doutor Carlos López Ramón y Cajal, analiza no seu traballo os resultados do procedemento para converter a posición podálica do feto (de nalgas) nunha presentación cefálica (de cabeza), máis favorable para o parto. 

Así, durante os cinco anos de estudo, os investigadores observaron que a porcentaxe de éxito desta técnica no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo foi dun 50,3%, “similar ás taxas observadas nos principais hospitais onde se practica esta técnica, pero co valor engadido de que dicha taxa acadouse nunha poboación cun elevado porcentaxe de primíparas (un 70% das nais incluídas no estudo), circunstancia que adoita asociarse a taxas de éxito moito máis baixas na meirande parte dos traballos publicados”-afirma o Dr. Couceiro.

Nesta tese se identificaron ata 6 factores pronósticos asociados a unha maior probabilidade de éxito no emprego da técnica VCE. “A combinación destes factores permitiunos deseñar un sistema de puntuación pronóstico cun valor predictivo cercano ao 80%. Sen embargo, isto non significa que aínda que se incumpra algún deses factores non se intente realizar a Versión, xa que é unha técnica que presenta unha taxa moi baixa de complicacións, tanto para a nai coma para o bebé. Ademais, os resultados do noso traballo mostran que a realización da versión non afecta ós resultados perinatais”-.

950 versións no CHUVI

O Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo leva realizadas, desde que comezou a aplicar a técnica hai 10 anos, un total de 950 versións –unhas 90 ou 100 anuais-  sendo o primeiro hospital galego en incorporar este procedemento á carteira de servizos hospitalaria. Con este ritmo, probablemente se acadarán as 1.000 versións a principios do próximo ano. Nestes momentos, a porcentaxe actual de éxito da técnica está xa no 53,2%.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.