'Qué te cuentas?' Galicia

@AER_Redondela ve “receptividade” por parte do PSOE as súas propostas para que @DignaRRivas sexa alcaldesa

Despois dos dous primeiros encontros de AER co PSdeG-PSOE de Redondela para estudar a posible conformación dun goberno alternativo ao Partido Popular de Javier Bas, dende AER valoran a “receptividade que están a ter as súas propostas”, aínda que botan en falta un traballo máis concienciudo por parte dos socialistas.

“Sorprende que quen aspira lexitimamente a acadar o bastón de mando non se achegue a estas reunións cunhas propostas máis concretas, especialmente porque no eido municipal os prazos para configurar gobernos son moi estreitos”.

Propostas de AER

As propostas de AER polo de agora xiran en torno a dous eixos. Por unha banda están unha serie de “liñas vermellas”, é dicir, unha serie de “cuestións innegociables” para que AER poida favorecer a formación dun goberno alternativo ao PP. 

Entre elas as que teñen que ver coa honra das persoas que ocupen opostos de responsabilidade no Concello, transparencia nas adxudicacións e contratos públicos e participación cidadá. Ademáis consideran entre elas a presentación de desculpas por parte do anterior secretario xeral dos socialistas de Pontevedra, Santos Héctor, que no seu día cualificara a AER de ‘marca branca do PP’.

En segundo lugar, ofrece unha batería de máis de 20 propostas programáticas que considera son fáciles de asumir polo PSdeG porque dunha ou outra maneira figuran tamén no programa dos socialistas.

As mesmas abranguen os soldos da futura alcaldesa e dos concelleiros e concelleiras, a aprobación do borrador existente de Regulamente de Postos de Traballo (RPT) do Concello; a creación de comisións de seguimento das infraestruturas que afectan ao territorio do Concello coas administracións e partes implicadas; creación de vivendas públicas nas casas dos Mestres: aluguer social para mocidade, para familias con escasos recursos, vivendas de emerxencia social; remunicipalización dos servizos públicos privatizados (recadación, auga, etc.) ou a aprobación do Redondela 2020 na xunta de voceir@s.

Finalmente, se os puntos anteriores se consensúan, AER propón que “quedaría para o final a confección do goberno municipal no que se designaría á alcaldesa e as concellerías, as súas competencias, dedicacións e remuneracións”.

También te puede interesar