A Secretaría Xeral para o Deporte do Goberno de Galicia recomenda suspender as actividades deportivas no exterior, na provincia da Coruña, na Mariña lucense e nas Rías Baixas, pola chegada da borrasca ‘Miguel’
A Xunta activou xa a ‘alerta laranxa’ por refachos de 120 quilómetros por hora que se agardan dende as horas do mediodía e ate o final deste xoves.
Nunha nota enviada pola secretaría de Deportes sublíñase que esta medida é para “garantir a seguridade de deportistas, adestradores, xuices, afeccionados e operarios”.